RT Book, Whole T1 Arte + pintura A1 Fernández Fariña, Almudena Maria A1 Castro Fernandez, Jose Antonio A1 Meana Martinez, Juan Carlos A1 Huete Vales, Angel A1 Alvarez Caccamo, Berta Maria A1 Matesanz Perez, Maria Consuelo A1 Sabino, Isabel A1 Picazo, Gloria A1 Barro, David A1 Verbis, Daniel A1 Matamoro, Din A1 Doiz, Miren A1 Medal, Tatiana A2 Consello da Cultura Galega K1 6203.07 Pintura AB A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega traballa na consecución de debates e accións encamiñadas a facer pensar desde e fronte ás artes visuais na actualidade. A presente publicación recolle as reflexións que tiveron a súa orixe nas xornadas que, co mesmo título ARTE + PINTURA, reuniron no ano 2014 a profesionais que son protagonistas dos cambios acaecidos na pintura nas últimas décadas. Exposicións, publicacións e a propia práctica artística son testemuño do final dunha crise prolongada e da revitalización da pintura no ámbito internacional, nacional e galego. Con intereses renovados, a pintura móstrase vacilante entre a expansión e a resistencia, entre as novas linguaxes e a vixencia da imaxe pintada, entre a tradición secular e a ruptura das súas convencións.As achegas presentadas nas xornadas —Antón Castro, Isabel Sabino, Juan Carlos Meana, David Barro, Glòria Picazo, Ánxel Huete, Berta Cáccamo, Manuel Eirís, Miren Doiz, Chelo Matesanz, Din Matamoro, Daniel Verbis e Tatiana Medal— desenvólvense agora nesta publicación para afondar na análise da cuestión e prolongar o debate. As súas reflexións contribúen a formular novas preguntas, a estimular o pensamento e a acción para, en definitiva, continuar ampliando o concepto ou a definición de pintura. SN 9788492923625 YR 2015 FD 2015 LK http://hdl.handle.net/11093/7383 UL http://hdl.handle.net/11093/7383 LA glg DS Investigo RD 11-dic-2024