RT Journal Article T1 A lavandeira de San Simón: a memoria das voces silenciadas A1 Agrelo Costas, María Eulalia A1 Mociño González, Maria Isabel K1 6202.02 Análisis Literario AB Despois de referirse á complexa definición do álbum ilustrado dado o seu hibridismo, trázase unha breve evolución do álbum en Galicia desde a súa tímida emerxencia na segunda metade do século XX ata o revulsivo provocado polas editoras pontevedresas Kalandraka e OQO. De entre o amplo repertorio de álbums galegos, detense en A lavandeira de San Simón, escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores, debido a que é o primeiro que aborda a Guerra Civil española. Faise un percorrido analítico polas súas diferentes páxinas, atendendo sobre todo ás relacións que se establecen entre o texto e as ilustracións, para recrear unha ficción que se fai eco das duras consecuencias da guerra, especialmente entre as vítimas sempre silenciadas: as mulleres e as nenas. Conclúese que a emoción e a reflexión se entrecruzan para recompoñer a memoria colectiva da Guerra Civil española desde as historias persoais e en minúscula. PB Galicia 21 Journal of Contemporary Galician Studies SN 20407181 YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/11093/7359 UL http://hdl.handle.net/11093/7359 LA glg NO Galicia 21 Journal of Contemporary Galician Studies, (12): 5-21 (2022) DS Investigo RD 20-ene-2025