RT Book, Section T1 Robinsóns perdidos nas illas: respostas lectoras á parodia dos clásicos universais A1 Mociño González, Maria Isabel A1 Agrelo Costas, María Eulalia A2 Húmus K1 6202.02 Análisis Literario AB [Inicio] A consolidación do álbum ilustrado na posmodernidade revela profundas transformacións, en particular ao redor da materialidade, a constante experimentación, a construción de estruturas narrativas abertas, a hibridación de xéneros, os xogos de intertextualidade ou a interpelación ao lectorado, o que converte as obras resultantes nunha forma de comunicación que promove un novo modo de ler (Silva-Díaz, 2005). É por iso que seleccionar lecturas e fomentar os hábitos lectores entre a infancia e a xuventude require na actualidade que os mediadores sexan conscientes das novas alfabetidades, da converxencia da cultura escrita, da audiovisual e dos multimedia, así como dos xogos de meta e/ou multitextualidade (Álvarez, 2002). Todos estes factores non só inciden na formación lectoliteraria dos máis novos, receptores polialfabetizados (Piscitelli, 2009), senón que a condicionan á vez que obrigan, necesariamente, a unha boa formación dos mediadores. En particular, dos docentes, que teñen que ser capaces de contar eles mesmos cunha excelente competencia literaria e poder, polo tanto, promovela entre as primeiras idades, sendo capaces de se enfrontar á lectura tanto de obras máis convencionais, como a outras máis innovadoras e desafiantes, caso dos libros-obxecto [...] SN 9789897558511 YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/11093/6810 UL http://hdl.handle.net/11093/6810 LA glg NO En Livro-objeto: Metaficção, hibridismo e intertextualidade (51-64) DS Investigo RD 20-ene-2025