RT Journal Article T1 O financiamento da débeda pública autonómica a través de fondos de investimento: unha proposta para Galicia T2 La financiación de la deuda pública autonómica a través de fondos de inversión: una propuesta para Galicia A1 Rodríguez de Prado, Francisco A1 Amigo Dobaño, Josefina Lucy K1 5301.01 Política Fiscal y Deuda Pública K1 5311.02 Gestión Financiera AB Algunhas comunidades autónomas, en concreto, a Comunidade Valenciana, Cataluña e Canarias desenvolveron e fomentaron a creación duns fondos de investimento especializados en débeda pública das ditas comunidades, seguindo o exemplo marcado a principios da década dos anos noventa polo Tesouro Público estatal cos fondos Fondtesoro. A utilidade destes fondos céntrase en proporcionar unha base final de investidores institucionais ás emisións de débeda pública, o que facilita o financiamento do déficit, a estabilidade en prezos e posibilita o alongamento da vida media das emisións. Ademais, pódese promover desde estes fondos específicos o investimento en títulos de renda fixa emitidos por empresas privadas, o que dinamiza o seu financiamento. Neste traballo analízase, a través da comparación das principais magnitudes relativas á débeda pública, a posibilidade de desenvolver en Galicia uns fondos de investimento similares ós destas comunidades autónomas precursoras e cáles deberían selas súas principais características, atendendo á súa experiencia previa. PB Revista galega de economia SN 1132-2799 YR 2002 FD 2002 LK http://hdl.handle.net/11093/6672 UL http://hdl.handle.net/11093/6672 LA glg NO Revista galega de economia, 11(1): 149-172 (2002) DS Investigo RD 11-dic-2024