RT Journal Article T1 Novas prácticas culturais en Portugal: Trinta por uma linha e Tropelias & companhia T2 Nuevas prácticas culturales en Portugal: Trinta por uma linha y Tropelias & companhia A1 Reis da Silva, Sara A1 Agrelo Costas, María Eulalia K1 6202 Teoría, Análisis y Crítica Literarias K1 6202.99 Otras AB Despois de facer unha serie de alusións ao contexto editorial portugués no relativo á Literatura Infantil e Xuvenil tras o remate da ditadura de Salazar, aproxímanse ao termo de axente cultural, no que inscriben o proxecto Trinta Por Uma Linha e o seu impulsor, João Manuel Ribeiro, investigador, estudoso e docente do ensino superior, ademais de ser un recoñecido poeta e contista. Sinálase que os catálogos dos dous selos que acolle, Trinta Por Uma Linha e Tropelias & Companhia, revelan un serio e documentado investimento no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, a través da publicación de volumes da autoría dalgúns dos nomes portugueses máis representativos deste sistema literario e incluso doutros en proceso de emerxencia. Estes títulos engloban relevantes series, caso de “Rimas Traquinas”, e propoñen unha importante, a única do xénero en Portugal, colección de estudos ao redor da literatura para os máis novos, a colección “Percursos em Literatura Infantojuvenil”. Sublíñase tamén a resistencia destes selos por non caer ante as difíciles condicións económicas derivadas da crise e por continuar a cumprir unha importante función divulgativa e formativa. PB Elos Revista de Literatura Infantil e Xuvenil SN 23867620 YR 2018 FD 2018-02-04 LK http://hdl.handle.net/11093/6400 UL http://hdl.handle.net/11093/6400 LA glg NO Elos Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, (5): 21-30 (2018) DS Investigo RD 14-dic-2024