RT Book, Section T1 PreMedia1. Creación dunha contorna virtual para a interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática da comarca de Monterrei A1 Comendador Rey, Beatriz Pilar A1 Vilas Estévez, Benito A1 Mouriño Schick, Andrea A1 De Uña Alvarez, Elena Pilar A2 Universidade de VigoVicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga K1 5504.05 Prehistoria K1 6299 Otras Especialidades Artísticas K1 5102 Etnografía y Etnología AB Introdución: O obxectivo xeral do proxecto PreMedia1 está relacionado con varias manifestacións rupestres de arte prehistórica, concretamente dentro da tradición da denominada arte esquemática, que comeza coas primeiras comunidades agrícolas e gandeiras, e aparece con manifestacións tanto gravadas como pintadas en amplas zonas de Europa e na península ibérica. O concepto «pintura rupestre esquemática» (PRE) foi defnido dende as orixes da investigación, na obra referencial de H. Breuil Lles peintures rupestres schématiques da Péninsule Ibérique e foi posteriormente sistematizado por P. Acosta [2]. Esta tradición rupestre caracterízase pola representación de motivos xeométricos, xeralmente obtidos a partir de liñas con ángulos rectos, manchas de puntos e aliñacións de barras verticais, acompañados pola fgura humana reducida aos seus trazos máis elementais, e ocasionais representacións de cuadrúpedes, fguras solares etc. En xeral, defínese pola simplifcación formal, polo uso de trazos lineais, xeralmente monocromos e en tinta plana, aplicados directamente coa xema do dedo (dixitación) ou con trazos máis fnos. A cor máis empregada é a vermella, obtida de pigmentos de uso mineral (óxidos de ferro) e aglutinados con auga ou algunha materia graxa. SN 9788481589160 YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/11093/4847 UL http://hdl.handle.net/11093/4847 LA glg NO En De Blas Varela, Maria Esther (Ed.) Proxectos INOU 2020. Investigación aplicada na provincia de Ourense (9-34) DS Investigo RD 25-ene-2025