RT Book, Whole T1 Dos lugares da represión franquista en Ourense: cara a unha cultura do recordo A1 Casado Neira, David A2 Universidade de VigoVicerreitoría do Campus de Ourense - Campus Auga K1 5503.01 Historia Local K1 6399 Otras Especialidades Sociológicas AB Os lugares da represión franquista son un terreo por explorar, sabemos que non todos os lugares de represión están identificados. Son moitos os lugares e son moitas as formas de represión. Levar un catálogo destes é unha tarefa complexa que supón, en primeiro lugar, describir todas as formas de represión posible. Na provincia de Ourense, dun total de 1552 casos de represión con violencia física, contamos con seis proxectos de memorialización. Estes responden a un patrón común que manifesta anecesidade de seguir abordando e ampliando o debate sobre a memoria e a cultura do recordo. Cómpre transmitir que a represión é un fenómeno historicamente documentado que debe e pode ser entendido máis alá deses escenarios veraces, e de como é posible ter verdades en espazos indefinidos, en paisaxes incertas. Pero, tamén, un traballo de localización, catalogación, tipificación, análise do estado de conservación e medidas de memorialización adoptadas ata o momento permiten afondar na utilidadeda base de datos e definir que medidas e iniciativas de divulgación deses lugares e casos ten sentido implementar e como no contexto actual. En consecuencia, haberá que tratar unha tipoloxía dos lugares de represión tanto no seu aspecto territorial e/ou material; documentar in situ o estado actual de lugares cara a explorar as posibilidades de patrimonialización, abordar unha escolma de lugares que polo seu interese ou as súas características sexan representativos; facer unha proposta de valorización; definir as características da base de datos en termos de accesibilidade e interese partindo dunha consulta xeolocalizada desde os lugares. Son seis iniciativas de memorialización con diferenzas nas súas concepcións estéticas e narrativas que se ligan a espazos verosímiles e destinados a ser visibilizados todos, e uns concibidos como escenarios de actos de homenaxe. SN 9788481589498 YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/11093/4834 UL http://hdl.handle.net/11093/4834 LA glg NO En Proxectos INOU 2021: investigación aplicada na provincia de Ourense (199-222) DS Investigo RD 11-feb-2025