RT Book, Section T1 Detección automática de momentos de risco alérxico da poboación ourensá A1 Novo Lourés, María A1 Alvarez Lopez, Sabela A1 Borrajo Diz, Maria Lourdes A1 Lorenzo Iglesias, Eva Maria A1 Miguez Bernardez, Monserrat A1 Pavón Rial, Maria Reyes A1 Méndez Reboredo, José Ramón A1 Araujo Nespereira, Pedro Antonio A1 Fernández Riverola, Florentino A1 Laza Fidalgo, Rosalía A1 Rodríguez Rajo, Francisco Javier A1 Fernández González, María A2 Universidade de VigoVicerreitoría do Campus de Ourense - Campus Auga K1 3207.01 Alergias AB Na actualidade, o número de persoas que presentan reaccións alérxicas ao pole aumentou considerablemente, polo que é interesante contar con mecanismos que permitan determinar, coa maior precisión posible, a cantidade de pole que estará presente na atmosfera e reducir, deste xeito, o seu impacto na poboación. Para predicir a concentración de pole realizáronse estudos que utilizan modelos de regresión lineal e que, posteriormente, evolucionaron cara a modelos automáticos ou de aprendizaxeprofunda. A pesar da aplicación idónea destes modelos para predicir a concentración de pole, os resultados obtidos dependen en gran medida da existencia de medicións previas de concentración e están influenciados pola calidade dos datos dispoñibles. A investigación conxunta das disciplinas de botánica e de informática trata de realizar unha estimación do risco de alerxias polo pole, de forma que permita a administración de antihistamínicos con anterioridade á súa exposición, posto que está demostrado que é moito máis efectiva ca unha vez aparecidos os primeiros síntomas. En concreto, esta estimación fíxose sobre Alnus, Betula, Platanus, Poaceae e Urticaceae, os cinco tipos de pole considerados máis agresivos na provincia de Ourense. O grupo de investigación da disciplina de botánica encargouse da captación de datos de concentración de pole, normalización e representación dos valores de recollida, calculou a estación polínica principal para cada tipo de pole e propuxo un calendario polínico para a cidade de Ourense. E o grupo de investigación de Informática centrouse na análise dos datos proporcionados e na comparación de diferentes técnicas de aprendizaxe automática para clasificar as concentracións de pole na atmosfera da provincia de Ourense e para facilitar a toma de decisións. Neste traballo móstrase a experimentación unicamente co tipo de pole Alnus; é de esperar que tamén será adecuada para cada un dos outros tipos de pole, adaptando en cada caso o modelo máis axeitado. SN 9788481589498 YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/11093/4828 UL http://hdl.handle.net/11093/4828 LA glg NO En Proxectos INOU 2021: investigación aplicada na provincia de Ourense (75-97) DS Investigo RD 26-ene-2025