RT Book, Section T1 Usos e patrons nas áreas termais da provincia de Ourense como topías A1 Braña Rey, Fátima A1 Casado Neira, David A1 Dapía Conde, María Dolores A2 Universidade de Vigo. Campus da AugaVicerreitoría del Campus de Ourense K1 6399 Otras Especialidades Sociológicas K1 5199 Otras Especialidades Antropológicas AB Na provincia de Ourense contamos con numerosos mananciais termais próximos ás beiras dos ríos que a atravesan. Estes foron utilizados de formas moi diferentes en distintas épocas, pero sempre constituíron un foco de interacción humana e co medio. As áreas de baño termal abertas son un recurso en que é posible tomar un baño durante a maior parte do ano, e están a ser obxecto de atención das administracións públicas. Ata o momento non contamos con datos etnográficos, nin de perfil nin sobre os usos practicados. Levouse a cabo un traballo de campo mixto con entrevistas e enquisas a usuarios/as e a persoas encargadas da xestión co que se pretende construír unha primeira aproximación ao termalismo aberto na provincia de Ourense. Os datos máis salientables definen un perfil de usuaria/o de mediana idade, de procedencia española, asalariada e que fai un uso repetido. Considérano unha actividade social, de persoas adultas, ao que lle atribúen calidades de curación ou de benestar. As motivacións para o seu uso están asociadas á tranquilidade, descanso e saúde, ademais de fins turísticos e como actividade de lecer ao aire libre. Aínda que a valoración das termas é moi positiva, formulan propostas de mellora relacionadas coa limpeza e maior dispoñibilidade de servizos. SN 9788481588002 YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/11093/4702 UL http://hdl.handle.net/11093/4702 LA glg NO En De Blas Varela, Maria Esther, Rodríguez Vázquez, Virgilio, Vila Sobrino, Xosé Antón (Eds.) Proxectos INOU 2017: investigación aplicada na provincia de Ourense (25-43) NO Deputación Provincial de Ourense INOU 2017 DS Investigo RD 13-dic-2024