RT Journal Article T1 Protección social A1 Bastida Domínguez, María A1 Lago Peñas, Santiago A1 Vaquero García, Alberto K1 6307.04 Seguridad Social K1 6307.06 Desarrollo socioeconómico AB Introdución: Os sistemas de protección social posibilitan a cobertura ante continxencias como a inestabilidade no emprego, a enfermidade, a incapacidade ou morte (viuvez e orfandade). Nos Estados modernos, ademais, son un importante instrumento económico e social que permite a redistribución das rendas. En España temos, dunha parte, as pensións e prestacións do sistema de Seguridade Social, que conforman a vertente contributiva do sistema. Doutra, a denominada cobertura asistencial, configurada polas pensións non contributivas da Seguridade Social, a renda de integración social (RISGA), as prestacións derivadas da Lei de integración social dos discapacitados (LISMI) e aquelas establecidas na Lei da dependencia. Así mesmo, en 2020 dáse un paso importante neste eido coa aprobación e aplicación dun ingreso mínimo vital a nivel nacional. En materia de pensións houbo cambios substanciais nos últimos anos. O máis importante foi o aprobado coa Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social. Esta normativa foi modificada polo Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral das persoas traballadoras de maior idade e promover o envellecemento activo. Dende aquela, estase a incrementar de xeito progresivo a idade de xubilación dende os 65 anos ata os 67 en 2027. O período de cómputo para a pensión pasa dos 15 aos 25 anos en 2022, aínda que se mantén 15 anos como mínimo de anos cotizados para ter dereito a unha pensión contributiva. Ademais, abandónase a actualización automática das pensións, optando por un sistema que considera a actualización en función dos ingresos e gastos do sistema, o denominado factor de revalorización anual. PB Informe sobre a situación sociolaboral de Galicia 2020 SN 2386-2866 YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/11093/3367 UL http://hdl.handle.net/11093/3367 LA glg NO Informe sobre a situación sociolaboral de Galicia 2020: 421-452 (2021) DS Investigo RD 05-dic-2024