RT Dissertation/Thesis T1 Mobilización de recursos participativa para a acción colectiva a través das campañas de sociopolitical crowdfunding T2 Movilización de recursos participativa para la acción colectiva a través de las campañas de sociopolitical crowdfunding A1 González Cacheda, Bruno K1 5902.15 Política Social K1 5906 Sociología Política K1 5999 Otras Especialidades Políticas AB No presente traballo abórdase o estudo de 233 campañas de sociopolitical crowdfunding protagonizadas por advocacy groups en España entre os anos 2012 e 2017. A aplicación política desta ferramenta dixital de financiamento foi escasamente estudada até a data. Para superar o baleiro científico articulamos a investigación sobre dous obxectivos xerais. En primeiro lugar, desde unha perspectiva ligada á acción colectiva e á mobilización de recursos, analizaremos as claves do éxito e do impacto comunicativo e financeiro. En segundo lugar, desde unha óptica vinculada á participación política, describiremos e analizaremos os determinantes, os condicionantes e o perfil participativo dos individuos que realizan doazóns económicas. Para a obtención de información, deseñáronse e aplicáronse dous instrumentos diferenciados orientados á recolección da información necesaria para o desenvolvemento da investigación. Vinculada ao primeiro dos obxectivos, elaborouse unha matriz de datos de carácter cuantitativo dirixido á recompilación de información financeira, comunicativa, relacional e organizativa dos 233 proxectos e campañas a través de diversas páxinas web e redes sociais. Respecto ao segundo dos propósitos, deseñouse e executouse un cuestionario do que se obtiveron 125 respostas completas e válidas procedentes de doantes a iniciativas de sociopolitical crowdfunding. Os resultados para a dimensión colectiva analizada mostran a relación entre o éxito financeiro dos proxectos, o nivel de actividade e difusión en Twitter, a publicación de información a través de cabeceiras de prensa nativa dixital e a capacidade para establecer relacións de cooperación para a difusión da mensaxe de campaña con outros actores sociopolíticos. Así mesmo, o nivel de cooperación dixital aparece asociado a unha maior taxa de recadación e un crecente nivel no impacto comunicativo. Os achados relativos á dimensión participativa, revelan a importancia da confianza, a identidade e a ideoloxía. Ademais, amosan un perfil dotado por un elevado nivel de compromiso e experiencia participativa. Como conclusión debemos sinalar a importancia para o éxito e o impacto das campañas de sociopolitical crowdfunding do rol do colectivo promotor e o seu desempeño comunicativo e relacional. Para finalizar, debemos subliñar o nivel de compromiso e o perfil multiactivista das persoas que realizan achegas financeiras ás iniciativas estudadas. YR 2022 FD 2022-02-25 LK http://hdl.handle.net/11093/3152 UL http://hdl.handle.net/11093/3152 LA glg DS Investigo RD 02-dic-2024