RT Book, Section T1 Desenvolvemento de ferramentas para apoiar a calidade e a mellora continua no sector hoteleiro ourensán A1 Frade Amil, Diego A1 Borrajo, A. A1 Cotos Yáñez, Tomas Raimundo A1 Lorenzo Iglesias, Eva Maria A1 Pérez González, Ana A1 Pavón Rial, Maria Reyes A1 Mosquera Rodríguez, Manuel Alfredo A1 Borrajo Diz, Maria Lourdes A1 Laza Fidalgo, Rosalía A2 Universidade de VigoVicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga K1 5312.90 Economía Sectorial: Turismo K1 1209 Estadística AB O obxectivo principal deste proxecto coordinado é extraer de forma automática datos de comentarios sobre hoteis da provincia de Ourense das plataformas Booking. com e Tripadvisor.es (dous importantes portais nos que se recollen as opinións dos e das turistas) para analizar posteriormente aplicando técnicas estatísticas e/ou de minaría de datos. Medición e análise da reputación en liña (on-line) son dous conceptos que non se poden entender de maneira independente. O emprego de boas ferramentas para captar os datos é moi importante e complexo, debido ao volume de información presente (moitas opinións), á súa dispersión e heteroxeneidade nos mecanismos de captación, á presentación dos datos (datos procedentes de distintas plataformas de reserva con distintos formatos) e á escasa (a miúdo nula) estruturación dos datos. Neste senso, logrouse un grande avance pola obtención dun sistema funcional de extracción automática das características dos hoteis da provincia, ademais das opinións vertidas sobre eles. Técnicas básicas e avanzadas de modelización estatística e de exploración ou minaría de datos (data mining) permitiron explicar a valoración global do usuariado en función da valoración dos diferentes servizos do hotel e dos comentarios de opinión sobre eles. Axustar un modelo que sirva para identificar tipoloxías de mensaxes ou temáticas de interese por parte dos e das hóspedes é unha ferramenta que achega información valiosa na toma de futuras decisións. SN 978-84-8158-882-8 YR 2020 FD 2020 LK http://hdl.handle.net/11093/2001 UL http://hdl.handle.net/11093/2001 LA glg NO En E. De Blas Varela (Ed.) Proxectos INOU 2019. Investigación aplicada na provincia de Ourense (159-188) DS Investigo RD 25-abr-2025