RT Dissertation/Thesis T1 Socialización bilingüe infantil nunha escola de Vigo (Galicia). Estudo lonxitudinal de nenos de 4 e 5 anos de contornas familiares castelán-falantes alfabetizados en galego: análise etnográfico-interaccional das prácticas alfabetizadoras na aula T2 Socialización infantil bilingüe en un colegio de Vigo (Galicia). Estudio longitudinal de niños de 4 y 5 años de entornos familiares castellano-hablantes alfabetizados en gallego: análisis etnográfico-interaccional de las prácticas de alfabetización en el aula A1 Díaz Ferro, Marta K1 5701.03 Bilingüismo K1 6114 Psicología social K1 5906.02 Lenguajes AB Esta tese doutoral pretende mergúllase na socialización lingüística bilingüe de nenos de 4 e 5 anos, de familias castelán-falantes e bilingües galego-castelán, que viven en Galicia e que son escolarizados nun centro público. Queremos descubrir como van aprendendo a relacionarse interaccional e conversacionalmente cos seus pares e cos adultos, como a súa experiencia do mundo (social e material) se vai configurando a través das súas incipientes prácticas discursivas en galego e castelán e como van estruturando o seu ser persoal e social.Para isto escollemos unha escola da cidade de Vigo situada nas aforas, agora en vías de urbanización, zona maioritariamente castelán-falante. A mestra, que emprega como código base o galego, supón o maior input nesta lingua que estes nenos reciben ao longo destes primeiros anos de escolarización. Para a realización desta tese levouse a cabo un traballo de campo ao longo de dous cursos escolares coa intención de gravar e observar aos participantes de dito estudo, un total de vinte e cinco nenos. A observación fíxose semanalmente e coa menor participación posible por parte da observadora, para non influír no normal desenvolvemento da clase e así poder obter as interaccións mestra-nenos de forma máis pura. Así mesmo, acompaña a estas gravacións e observación unha serie de fotografías e de notas etnográficas tomadas nos distintos momentos da xornada escolar, que serviron para completar a información obtida nesas gravacións.Presentamos as pautas de socialización que teñen lugar nunha aula de Educación Infantil e demostramos que unha alfabetización en lingua galega, para nenos de contornas castelán-falantes, non supón ningún atraso ou obstáculo para o normal desenvolvemento da súa socialización nin creación do seu ser social, todo a través das prácticas de alfabetización e tarefas conxuntas que se realizan na aula. Así pois, presentamos unha serie de propostas en relación coa vehicularidade do galego no ensino, tomando como referencia o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia e confrontamos cada un dos seus artigos e disposicións co observado durante o noso traballo de campo, así como cos datos obtidos de dita investigación. YR 2021 FD 2021-03-26 LK http://hdl.handle.net/11093/1905 UL http://hdl.handle.net/11093/1905 LA glg DS Investigo RD 14-feb-2025