RT Dissertation/Thesis T1 A ideoloxía na para/tradución e nos transvases de información: análise da situación da prensa en galego T2 La ideología en la para/tradución y en los trasvases de información: análisis de la situación de la prensa en gallego A1 Duarte Collazo, Silvia K1 5701.12 Traducción K1 5910.03 Prensa K1 7207.05 Teoría de las Ideologías AB A presente tese céntrase no estudo das manipulacións ideolóxicas que sofre a información na prensa. A motivación de propoñernos estudar e traballar co intercambio de información entre diferentes culturas lévanos, xa que logo, non só a querermos analizar como se reinterpreta e traslada unha mesma información a distintas culturas, isto é, como se paratraduce a información, senón tamén a estudar de preto a situación particular do galego.A través dunha simple comparación física entre xornais obsérvase que a prensa galega é diferente: a lectura de prensa en galego é dependente e complementaria da española. Así, mentres que o lector da prensa española adquire unha visión global do que acontece no resto do mundo, o da galega, curiosamente, adquire unha visión localista, rexionalista e, como moito, centralista (en alusión ao Goberno central). Así, a través da análise da prensa en galego temos a impresión de que o lector galego que busca informarse de maneira exclusiva en galego non existe.O corpus de estudo plurilingüe (en, de, es, gl) obtívose a partir de noticias da sección de política internacional, polo que o foco da análise recae en xeral sobre as manipulacións da información e, en particular, sobre aquelas en función de intereses nacionais de tipo económico-político. YR 2020 FD 2020-01-10 LK http://hdl.handle.net/11093/1409 UL http://hdl.handle.net/11093/1409 LA glg DS Investigo RD 04-dic-2024