RT Dissertation/Thesis T1 A vida na escola. Das narrativas autobiográficas á realidade escolar A1 González Vaillo, María Isabel K1 5802 Organización y Planificación de la Educación K1 550607 Historia de la educación K1 580302 Preparación de profesores AB Esta investigación de corte cualitativo baséase no estudo dos escritos de 100narradores sobre as súas lembranzas escolares en centros educativos de Galicia, entre os anos 1949 e 2008. Os relatores comparten unha mesma formación pedagóxica: todos eles son mestres por titulación (uns en servizo activo e outros non) no momento de escribir as súas narrativas. O tratamento de datos realizouse co programa informático AQUAD 6. A través dos testemuños escritos dos implicados, persoas anónimas que aportan unha mirada íntima e persoal, á vez que cualificada, da súa experiencia educativa como escolares, a presente investigación ten o propósito de ampliar o coñecemento do que sucede no mundo escolar e a comprensión dosfenómenos educativos, usando un enfoque biográfico-narrativo. As lembranzasescolares foron analizadas a partires de catro grandes dimensións: profesorado,métodos de ensino-aprendizaxe, clima de aula e incidencia das experiencias escolares sobre os narradores. Finalmente, estes relatos autobiográficos tamén nos ofrecen unha panorámica do mundo escolar en diferentes intres da historia educativa española, comprendidos entre a instauración da ditadura franquista e o comezo da restauración da democracia. YR 2016 FD 2016-02-03 LK http://hdl.handle.net/11093/1368 UL http://hdl.handle.net/11093/1368 LA glg DS Investigo RD 17-feb-2025