Flag airlines : a identidade gráfica das compañías aéreas desde a perspectiva da marca país
ABSTRACT
A imaxe dun país é unha suma simplificada dunha longa serie de impresións e
percepcións que os públicos teñen sobre el a través de fontes diversas. A xestión
estratéxica de márcaa territorio é unha ferramenta para canalizar ese conxunto de
asociacións e informacións de modo que conduzan a unha imaxe de país que se
converta nun activo, debido a que no mercado global os países e territorios
compiten para atraer recursos.
Dentro do amplo conxunto de dimensións que conforman unha marca territorio, as
empresas xogan un papel destacado en canto a transmisión de valores e
transferencia ao seu país de orixe nun proceso de retroalimentación do que se
coñece como country of origin effect. As compañías aéreas teñen un papel
protagonista neste escenario debido a que, en moitos casos, teñen fortes
vinculacións cos seus países de orixe ben por ser herdeiras dun monopolio estatal,
ben por contar cun posicionamento comercial privilexiado nos seus territorios. As
compañías aéreas son, por definición, un soporte de comunicación internacional na
medida en que as súas aeronaves, persoal e servizos teñen presenza en distintos
países e son vía de chegada preferente para un elevado número de pasaxeiros que
asocian inmediatamente a súa experiencia no país coa experiencia coa compañía
que os transportou ata el.
Neste texto exploraremos as relacións existentes entre 23 flag airlines europeas e
os seus países de orixe a través da análise dos distintos elementos que conforman a
súa identidade gráfica corporativa. The image of a country is a simplified sum of a long series of impressions and
perceptions of the public from diverse sources. Since countries and territories compete
to attract resources in the global market, the strategic management of the territory
brand is a tool to channel this set of associations and information in order to lead the
country image to become an asset.
Within the broad set of dimensions that shape a brand territory, companies play a
prominent role in transmitting values to their country of origin in a process of feedback
from “country of origin effect”. Airlines have a leading role in this scenario since they
have strong links with their countries of origin in many cases, either because they are
inheritors of a state monopoly or because they have a privileged commercial position
in their territories. Airlines are, by definition, an international communication support
insofar as their aircraft, personnel and services are present in different countries and
are a preferred route of arrival for a large number of passengers who immediately
associate their experience in the country with the experience with the company that
transported them.
In this text we will explore the relationships between 23 European flag airlines and
their countries of origin through the analysis of the different elements of their
corporate graphic identity.