Estrutura empresarial e política industrial
DATE:
2024
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/8151
EDITED VERSION: https://www.cgrl.gal/informe-sociolaboral-2023/
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
INTRODUCIÓN
Este capítulo resume a evolución da economía de Galicia dende unha perspectiva microeconómica, realizando
unha análise da principal información do seu tecido produtivo e empresarial. Así mesmo, inclúese unha revisión das
principais políticas públicas implantadas polas diferentes administracións para o seu desenvolvemento.
O capítulo consta de tres partes claramente diferenciadas. A primeira describe a estrutura empresarial, salientando á evolución recente a través dos principais datos das empresas (tamaño, distribución, sector de actividade
ou persoas empregadas) e a estrutura societaria en Galicia. Esta parte proporciona unha visión simplificada da
xeografía empresarial galega, que será obxecto de comparación con outros ámbitos autonómicos ou estatais. Para
iso, utilízanse datos obtidos do Directorio Central de Empresas (DIRCE) do Instituto Nacional de Estatística (INE);
os fornecidos nas bases do Instituto Galego de Estatística (IGE), e os incluídos no Rexistro Mercantil.
A segunda parte realiza unha análise sectorial a través de enquisas estruturais do INE, revisando os tres sectores
principais de actividade económica (industrial, comercial e de servizos). Seguindo a mesma estrutura que no
apartado previo, realízase unha comparación da evolución dos datos na comunidade galega co acaecido no resto
do Estado, para poder estimar a súa evolución relativa.
Finalmente, procédese coa revisión dos indicadores principais das enquisas de investigación científica e desenvol-t
vemento tecnolóxico (I+D), de innovación tecnolóxica e alta tecnoloxía do INE.
Files in this item
![pdf [PDF]](/xmlui/themes/Mirage2/images/thumbnails/mimes/pdf.png)
- Name:
- 2024_senn_empresarial_industra ...
- Size:
- 5.259Mb
- Format:
- Description:
- Embargo indefinido por copyright