Show simple item record

dc.contributor.advisorPérez Rodríguez, Francisco Javier 
dc.contributor.advisorVaquero Diaz, Maria Beatriz 
dc.contributor.authorFernández Quintas, Aránzazu 
dc.date.accessioned2024-12-04T12:45:29Z
dc.date.available2024-12-04T12:45:29Z
dc.date.submitted2024-09-26
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/11093/7968
dc.description.abstractA presente tese de doutoramento ten como obxectivo formular un estudo máis pormenorizado da historia do mosteiro de San Clodio do Ribeiro, nos anos en que esta investigación se leva a cabo; de tal xeito que podamos coñecer un pouco mellor non só a súa evolución económica durante os cen anos que abrangue o estudo final (1321-1419), senón tamén a xestión interna do mosteiro, a administración das propiedades, as relacións coa poboación do seu dominio e coa nobreza do Ribeiro, a familia Sarmiento. Para acadar estos obxectivos levouse a cabo unha nova transcrición paleográfica da documentación referida ao dito mosteiro de San Clodio sita nos diferentes arquivos tanto provinciais como estatais: Archivo Histórico Nacional (AHN), Archivo Real Chancillería de Valladolid (ARChV), Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) e Arquivo Catedralicio de Ourense (ACO). Así realizouse a transcrición dun total de 236 documentos seguindo as normas elaboradas para o proxecto Galleciae Monumenta Historica (GMH) do Consello da Cultura Galega durante os anos 2013 e 2015. Tamén foi preciso levar a cabo un baleirado documental para poder elaborar unha serie de índices (toponímico, antroponímico xeral, socioprofesional e xeral de documentos) que faciliten a búsqueda de información a todas aquelas persoas interesadas no tema. Así, tras esta nova transcrición documental fíxose unha nova valoración da evolución de San Clodio durante o periodo obxecto de estudo, non só da súa historia senón tamén da evolución do seu dominio e propiedades ao longo do século XIV e comezos do XV; vemos como San Clodio é un mosteiro de maior envergadura do que inicialmente parece, pese a ter as súas propiedades unicamente situadas na mesma comarca do Ribeiro na que se atopa, a diferencia de outros cenobios da súa contorna. De igual xeito, como outros moitos mosteiros durante o mesmo periodo (e posteriormente) loitará contra a nobreza que, por medio da encomenda, tenta quitarlle as súas rendas e beneficios, así o amosan polo menos as pesquisas e resto de documentación xudicial que se atopa na Colección Diplomática. Tamén podemos observar a evolución das rendas e dos cultivos, a importancia do viñedo para San Clodio no seu dominio. Con respecto á xestión administrativa, é visible a importancia das obenzas monásticas dentro do organigrama do cenobio, sendo mencionadas con frecuencia na documentación como propietarias dunha leira/herdade ou casa en concreto, por exemplo. Esta mención máis que constante ás obenzas podería indicar que, pese a que posiblemente non se mantivesen ao logo do tempo os oficios conventuais que terían asociadas esas obenzas e propiedades, as rendas deses oficios seguen a se recoller para cubrir os gastos correspondentes, e por eso é importante para o mosteiro indicar na documentación esos límites entre elas. Tendo en conta que aínda hai unha parte da documentación que non se incluiu neste estudo por falta de tempo, queda moito de San Clodio do Ribeiro por contar.glg
dc.description.abstractEl objeto de la presente tesis es escribir la historia del monasterio de San Clodio do Ribeiro en periodo bajomedieval (1339-1487). Para ello realizaré la transcripción y la edición de las fuentes existentes para este periodo. Posteriormente llevaré a cabo el vaciado y la elaboración de índices. Se pretende hacer el estudio histórico del cenobio hasta la reforma observante promovida por los Reyes Católicos.spa
dc.description.abstractThe purpose of this thesis is to write the history of the monastery of San Clodio do Ribeiro in the late medieval period (1339-1487). For this I will carry out the transcription and edition of the existing sources for this period. Later I will carry out the emptying and the elaboration of indexes. It is intended to make the historical study of the monastery until the observatory reform promoted by the Catholic Monarchs.en
dc.language.isoglgspa
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/
dc.titleSéculo e medio de vida dun mosteiro baixomedieval galego: San Clodio do Ribeiro entre 1339 e 1487glg
dc.title.alternativeSiglo y medio de vida de un monasterio bajomedieval gallego: San Clodio do Ribeiro entre 1339 y 1487spa
dc.title.alternativeCentury and half of life of a Galician medieval monastery: San Clodio do Ribeiro between 1339 and 1487en
dc.typedoctoralThesisspa
dc.rights.accessRightsopenAccessspa
dc.publisher.departamentoHistoria, arte e xeografíaspa
dc.publisher.grupoinvestigacionHistoria Medieval, Historia Moderna y Ciencias y Técnicas Historiográficasspa
dc.publisher.programadocPrograma de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural (RD 99/2011)
dc.subject.unesco5504.03 Historia Medievalspa
dc.date.read2024-11-22
dc.date.updated2024-09-27T08:41:11Z
dc.advisorID1043
dc.advisorID635


Files in this item

[PDF]

    Show simple item record

    Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
    Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain