Desde el jardín, las estrellas : edición anotada con propuesta de actividades y lectura
ABSTRACT
'Desde el jardín, las estrellas. Edición anotada con propuesta de actividades y lectura', nace coa intención de proporcionar coñecementos básicos de astronomía e astrofísica no medio de asuntos cotiáns, en formato literario, para tentar fomentar nos e as mozas lector@s o aprecio polo planeta, polo universo, e polo coñecemento e a ciencia en xeral. Para iso, intégranse elementos e actividades pensados para iniciarlles na investigación científica combinada con algunhas disciplinas humanísticas, como son a lectura, o debuxo e a escritura. Así, poderiamos dicir que este libro adhírese ao chamado contexto STEAM, coa humilde pretensión de contribuír, na medida do posible, a unha formación integral da súa audiencia lectora.Os protagonistas da historia son Mateo, un neno de 12 anos que vive cos seus pais, e Lorenzo, un lagarto pequeno que se perde da súa familia e comeza a vivir nunha greta do muro do xardín da casa de Mateo. Ambos senten paixón polo ceo estrelado, cada un á súa maneira e, compartindo amizade e peripecias durante unhas vacacións estivais, o lagarto faise, aos poucos, cun lugar por dereito na súa nova familia. Ao amparo desa paixón astronómica compartida, no libro introdúcense significativos ingredientes de astronomía, astrofísica, bioloxía e valores humanos mesturados coa trama argumental.