La expresión gestual y corporal en el desarrollo de las competencias del actor en los tratados de declamación publicados en España entre 1751 y 1917
DATE:
2017-08-08
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/782
DOCUMENT TYPE: doctoralThesis
ABSTRACT
Desde finais do século XVIII prodúcense en España unha serie de cambios de carácter político, económico, social, cultural, que ven ter unha influencia decisiva no mundo das artes e das letras, e na configuración dun sistema educativo nacional. A incidencia de todo este movemento, debedor dos principios filosóficos de Ilustración, vai ser transcendental no eido das artes escénicas, pois é entón cando se comezan a elaborar diversos informes e memorias orientadas ao que se denominaba regulamentación dos teatros, e en moitos deses documentos aparece reflectida por vez primeira a cuestión da educación teatral.