DATE:
2019
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/7267
EDITED VERSION: https://editorialgalaxia.gal/produto/grial-223/
UNESCO SUBJECT: 6203.07 Pintura
DOCUMENT TYPE: article
ABSTRACT
[Inicio] A conciencia feminista de Berta Cáccamo é de espertar serodio pero firme no seu posicionamento, tal e como pon de manifesto o seu testemuño, recollido no documental Arte+Muller+Galicia, gravado e dirixido por Rosario Sarmiento en 2017. O proxecto deste documental xorde paralelo á exposición Mulleres do silencio, celebrada no Marco de Vigo, e artéllase a partir de cinco cuestións formuladas a algunhas das artistas participantes na mostra.
Berta manifesta que xa dende os inicios da súa traxectoria percibe unha maior dificultade con respecto aos seus compañeiros para se desenvolver no mundo profesional da arte, e que esa dificultade non só tiña que ver coas súas condicións particulares e a súa timidez. Efectivamente, ser muller en calquera carreira profesional supón unhas determinadas formas de relación e presupón a existencia dunha identidade construída consonte uns roles, comportamentos e actitudes interiorizados e asumidos de forma tan natural que mesmo conforman a subxectividade da persoa. Berta afirma que, malia o apoio recibido nos seus inicios, sempre percibiu unha ollada diferente verbo dos traballos dos seus compañeiros, un trato distinto e certa discriminación. O seu esforzo, recoñece, foi sempre moito maior: “Con cincuenta anos doume conta moi claramente de que existe ese famoso teito para as mulleres artistas”. [...]
Files in this item
- Name:
- 2019_fernandez_berta_caccamo.pdf
- Size:
- 414.1Kb
- Format:
- Description:
- Embargo indefinido por copyright