Robinsóns perdidos nas illas: respostas lectoras á parodia dos clásicos universais
DATE:
2023
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/6810
EDITED VERSION: https://edicoeshumus.pt//index.php?route=product/product&manufacturer_id=356&product_id=1515
UNESCO SUBJECT: 6202.02 Análisis Literario
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
[Inicio] A consolidación do álbum ilustrado na posmodernidade revela profundas transformacións, en particular ao redor da materialidade, a constante experimentación, a construción de estruturas narrativas abertas, a hibridación de xéneros, os xogos de intertextualidade ou a interpelación ao lectorado, o que converte as obras resultantes nunha forma de comunicación que promove un novo modo de ler (Silva-Díaz, 2005). É por iso que seleccionar lecturas e fomentar os hábitos lectores entre a infancia e a xuventude require na actualidade que os mediadores sexan conscientes das novas alfabetidades, da converxencia da cultura escrita, da audiovisual e dos multimedia, así como dos xogos de meta e/ou multitextualidade (Álvarez, 2002). Todos estes factores non só inciden na formación lectoliteraria dos máis novos, receptores polialfabetizados (Piscitelli, 2009), senón que a condicionan á vez que obrigan, necesariamente, a unha boa formación dos mediadores. En particular, dos docentes, que teñen que ser capaces de contar eles mesmos cunha excelente competencia literaria e poder, polo tanto, promovela entre as primeiras idades, sendo capaces de se enfrontar á lectura tanto de obras máis convencionais, como a outras máis innovadoras e desafiantes, caso dos libros-obxecto [...]
Files in this item
- Name:
- 2023_mociño_perdidos_illas.pdf
- Size:
- 234.1Kb
- Format:
- Description:
- Embargo indefinido por copyright