O cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias
DATA:
2022
IDENTIFICADOR UNIVERSAL: http://hdl.handle.net/11093/6717
VERSIÓN EDITADA: https://www.uv.es/catedra-derechos-linguisticos/es/publicaciones/colecciones/-1286104808467/Publicacio.html?id=1286307814457
MATERIA UNESCO: 5705.10 Sociolingüística
TIPO DE DOCUMENTO: book
RESUMO
Introdución. Europa está chea de linguas, nunha amálgama milenaria cuxa evolución constitúe un eixo indexicalizador de especial interese para entender a historia das sociedades actuais, nun escenario de fortunas e infortunios –de índole política– cuxa máis obvia consecuencia son as recompensas de ser falante dun grupo privilexiado de linguas (particularmente dalgunhas das súas variedades) que acadaron o rango de linguas recoñecidas coa invención da nación moderna como suxeito histórico tradicional (Hobsbawn 1983). Isto supuxo unha nova forma de control de acceso ao poder, da xerarquización dos cidadáns, da dominación e da resistencia.
Mais, nese escenario, o que permite explicar o porqué dos centenares de idiomas que seguen a usarse malia seren minorados é que as linguas teñen un papel moi relevante no fortalecemento da subxectividade identitaria dun pobo, chegando a se converteren no elo fundamental da herdanza, das tradicións, da forma de sermos e do que cobizamos para un futuro próximo e alongado, no que serán outras as xeracións que continuarán coa historia.