dc.contributor.advisor | Simón Fernández, Xavier | |
dc.contributor.author | Copena Rodriguez, Damian | |
dc.date.accessioned | 2017-04-10T11:54:02Z | |
dc.date.available | 2017-04-10T11:54:02Z | |
dc.date.issued | 2015-12-17 | |
dc.date.submitted | 2015-09-30 | |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/11093/658 | |
dc.description.abstract | A enerxía eólica ten acadado nas últimas décadas grande relevancia en diversos países do planeta. Esta actividade enerxética proporciona, entre outras, melloras ambientais vinculadas coa loita contra o cambio climático, autonomía enerxética para as áreas produtoras e impactos socioeconómicos positivos vinculados cos espazos xeográficos onde se localizan as centrais eólicas. Deste xeito, a obtención de enerxía renovable tense convertido nun obxectivo prioritario na axenda política nos diferentes ámbitos normativos.
Galicia, que conta con importante potencialidade no tocante ao recurso eólico, experimentou nas dúas últimas décadas unha forte implantación de parques eólicos para a produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento do recurso vento. A lexislación deseñada polo Goberno autonómico funcionou moi ben desde o punto de vista da oferta, xa que conseguiu que se instalasen en Galicia en poucos anos máis de 4.000 aeroxeradores que supoñen 3.300 MW.
A implantación dos aeroxeradores e demais compoñentes que conforman os parques eólicos tivo lugar principalmente nos espazos xeográficos que constitúen o denominado mundo rural. Estes espazos rurais onde se localizan as infraestruturas eólicas contan con multitude de problemáticas que se están a experimentar desde fai décadas e que continúan a agudizarse na actualidade. O avellentamento, a perda de poboación, o abandono dos recursos produtivos e as problemáticas socioambientais derivadas, forman parte da realidade dos espazos rurais galegos. Un mundo rural galego que conta tamén cunhas circunstancias diferenciadoras con respecto a outras rexións, entre as que destaca a existencia dun réxime de propiedade do monte no que escasea o monte público e onde é preciso salientar a presenza da propiedade veciñal, organizada a través das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
Neste contexto socioeconómico e normativo a aparición dunha nova actividade económica localizada e vinculada espacialmente co mundo rural, xorde como unha oportunidade potencialmente interesante para dinamizar económicamente estes espazos e paliar as problemáticas socioeconómicas existentes. Este feito trasládalle relevancia á aparición dunha nova actividade económica realizada a partir do aproveitamento dun recurso existente no medio rural: a enerxía eólica.
A presente Tese de Doutoramento analiza como foi o proceso de implantación da enerxía eólica nos espazos rurais do territorio galego, centrando a cuestión na planificación enerxética e nas condicionantes específicas propias do marco regulador deseñado. Por outra banda a Tese presenta cales foron os principais impactos socioeconómicos derivados da posta en marcha dos parques eólicos no mundo rural; tanto os beneficios comunitarios como os pagamentos que percibiron os propietarios de terreos eólicos, chegando a coñecer os destinos destas novas rendas no rural. | spa |
dc.language.iso | glg | spa |
dc.rights | Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain | |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/ | |
dc.title | Enerxía eólica e medio rural: unha análise aplicada dos impactos socioeconómicos dos parques eólicos no mundo rural galego | spa |
dc.type | doctoralThesis | spa |
dc.rights.accessRights | openAccess | spa |
dc.publisher.departamento | Economía aplicada | spa |
dc.publisher.grupoinvestigacion | Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia | spa |
dc.publisher.programadoc | Programa Oficial de Doutoramento en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias (RD 1393/2007) | |
dc.subject.unesco | 2501.24 Viento Solar | spa |
dc.subject.unesco | 6307.06 Desarrollo socioeconómico | spa |
dc.subject.unesco | 6311.04 Sociología Rural | spa |
dc.date.read | 2015-12-17 | |
dc.date.updated | 2017-04-07T12:23:28Z | |
dc.advisorID | 605 | |