Aproximación ao valor simbólico de nomes e apelidos galegos
DATE:
2018
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/5832
EDITED VERSION: https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4326
UNESCO SUBJECT: 57 Lingüística
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
Introducción: Presentamos a continuación unha análise do discurso da mocidade universitaria arredor dos nomes e apelidos galegos. Consideramos que coñecer as opinións, actitudes e, en definitiva, o imaxinario existente sobre a onomástica resulta de grande importancia para avanzarmos no estudo do proceso de normalización da lingua galega. Dado que pretendemos acceder ao discurso colectivo, escollemos como técnica de produción de datos a que se considera máis acaída para esta finalidade: o grupo de discusión (Callejo 2002; Canales e Peinado 1999; Ortí 1996; Ibáñez 1992). Para esta primeira contribución, decidimos centrarnos nos estudantes universitarios, dado que buscabamos xente nova e cun nivel de formación medio--alto. Realizamos tres grupos que imos denominar de aquí en diante G1, G2 e G3, atendendo á secuencia temporal na que se realizaron (setembro e outubro de 2016). (...)