“Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego
DATE:
2022-03-03
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/5799
EDITED VERSION: https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/7382
UNESCO SUBJECT: 57 Lingüística
DOCUMENT TYPE: article
ABSTRACT
O obxectivo deste traballo é examinar a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego. Con este fin analizamos tres entrevistas semi-dirixidas con nais galegofalantes que foron seleccionadas en función do tipo de hábitat, buscando o contraste no contínuum rural-urbano. A análise céntrase nas ideoloxías e formas de xestión lingüística no ámbito familiar, así como nas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos fillos e fillas. Como esperabamos, o tipo de hábitat destácase como un factor contextual de gran relevancia nos resultados da PLF declarada polas informantes. No contexto semirrural, a socialización dos nenos e as nenas no ámbito escolar e nas relacións cos iguais desenvólvese principalmente en galego, o que contribúe ao éxito da PLF. En cambio, nos contextos semiurbanos e urbanos, onde a presenza do galego é minoritaria, esta socialización fóra do fogar e das relación familiares prodúcese en castelán e actúa así como unha forza externa contraria á PLF, ata o punto de ser considerada como a causa principal do seu posible fracaso. Porén, a análise tamén detecta nos tres casos abordados unha infravaloración da xestión lingüística, que semella especialmente problemática para o éxito da PLF nos contextos urbanos e semiurbanos, xa que o mantemento do galego depende unicamente nestes casos da súa escolla como lingua de interacción cos fillos/as. The objective of this work is to examine the influence of community and contextual factors on the results of family language policies (FLP) aimed at the intergenerational maintenance of Galician. To this end, we analysed three semi-structured interviews with Galician-speaking mothers that were selected according to habitat type, seeking a contrast in the rural-urban continuum. The analysis focuses on the ideologies and forms of language management in the family setting, as well as on observations and expectations on the children’s linguistic development. As we expected, the type of habitat stands out as a contextual factor of great relevance in the results of the FLP stated by the interviewees. In the semi-rural context, the socialisation of children in the school environment and with their peers is mainly developed in Galician, which contributes to the success of the FLP. In contrast, in semi-urban and urban contexts, where the presence of Galician is minor, the socialisation outside the home and family relationships occurs in Spanish and thus acts as an external force opposed to the FLP, to the point of being considered the main cause of its possible failure. However, in the three cases addressed, the analysis also detects an underestimation of language management that seems especially problematic for the success of the FLP in urban and semi-urban contexts, as the maintenance of Galician depends only in these cases on its choice as the language to interact with children.