PreMedia1. Creación dunha contorna virtual para a interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática da comarca de Monterrei
DATE:
2021
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/4847
UNESCO SUBJECT: 5504.05 Prehistoria ; 6299 Otras Especialidades Artísticas ; 5102 Etnografía y Etnología
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
Introdución: O obxectivo xeral do proxecto PreMedia1 está relacionado con varias manifestacións rupestres de arte prehistórica, concretamente dentro da tradición da denominada arte esquemática, que comeza coas primeiras comunidades agrícolas e gandeiras, e aparece con manifestacións tanto gravadas como pintadas en amplas zonas de Europa e na península ibérica. O concepto «pintura rupestre esquemática» (PRE) foi defnido dende as orixes da investigación, na obra referencial de H. Breuil Lles peintures rupestres schématiques da Péninsule Ibérique e foi posteriormente sistematizado por P. Acosta [2]. Esta tradición rupestre caracterízase pola representación de motivos xeométricos, xeralmente obtidos a partir de liñas con ángulos rectos, manchas de puntos e aliñacións de barras verticais, acompañados pola fgura humana reducida aos seus trazos máis elementais, e ocasionais representacións de cuadrúpedes, fguras solares etc. En xeral, defínese pola simplifcación formal, polo uso de trazos lineais, xeralmente monocromos e en tinta plana, aplicados directamente coa xema do dedo (dixitación) ou con trazos máis fnos. A cor máis empregada é a vermella, obtida de pigmentos de uso mineral (óxidos de ferro) e aglutinados con auga ou algunha materia graxa.