Estudo do padrón de comportamento dos e das adolescentes ourensáns en relación co uso dos videoxogos
DATE:
2022
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/4829
UNESCO SUBJECT: 6102 Psicología del Niño y del Adolescente
DOCUMENT TYPE: book
ABSTRACT
O avance dos videoxogos (VDJ), da man da revolución tecnolóxica, foi exponencial nos últimos anos. Aínda que a maioría dos estudos son transversais e non permiten determinar causalidade, mostráronse diferenzas relevantes no cerebro da persoa xogadora con respecto á adicta. O uso problemático de VDJ asociouse a diversos prexuízos sobre a saúde física, sedentarismo, illamento social, trastornos emocionais e mesmo co consumo de substancias. Método: recolléronse datos dunha enquisa transversal de 702 estudantes ourensáns de entre 11 a 19 anos. Resultados: existen diferenzas de xénero tanto no tipo de videoxogos coma no tempo que lle dedican a xogar con eles. O 58,6 % dos mozos e o 19 % das mozas presentan un risco potencial de ter problemas cos videoxogos, pero cabe destacar que o 9,3 % dos mozos e o 2,2 % das mozas (media: 5,75 % dos e das adolescentes ourensáns) presentan a sintomatoloxía característica dunha adicción aos videoxogos. Os familiares non adoitan xogar moito con eles aos videoxogos no fogar; de feito, o 43,7 % da mostra indica que os seus proxenitores non
mostran interese por coñecer os videoxogos, e só o 39,2 % dos e das adolescentes xogan a videoxogos recomendados segundo a súa idade. As análises tamén revelaron correlacións positivas entre o uso problemático de VDJ co consumo de tabaco, alcohol e a idade de inicio do seu consumo. Esa mesma tendencia atópase no consumo de cánnabis, aínda que as diferenzas non son significativas. Conclusións: cómpre seguir profundando no seu estudo mediante deseños lonxitudinais que permitan lanzar máis luz sobre os posibles mecanismos subxacentes a este tipo de codiccións.