Cadernos dos obradoiros abertos de antropoloxía III: entre as institucións públicas e a sociedade civil. Iniciativas de integración social e participación cidadá
ABSTRACT
A Presentación: Nesta ocasión comprácenos apresentar a terceira edición dos cadernos. Nacen do Obradoiro III: Entre as institucións públicas e a sociedade civil. Iniciativas de integración social e participación cidadá. Supon unha porta de entrada as cuestións propostas e que pode ser empregada por os e as diferentes profisionais das áreas das ciencias sociais, por docentes dos diferentes niveis de ensino e por coletivos e persoas interesadas. Influiu decisivamente nesta escolla, o interese en aprofundar en cuestións relacionadas con os procesos de marxinalización e exclusión social da sociedade actual e a importancia de xerar un espacio de intercambio entre persoas e coletivos implicados en iniciativas encamiñadas a reflexionar e paliar estes desequilibrios sociais e que toman en conta a perspectiva das persoas obxeto destas desigualdades. A coordinación correu a carrego de Mariam Mariño Costales e David Casado Neira. Propoñen un foro de debate e intercambio con o fin de nos achegar a unha visión de conxunto da marxinalización no contexto relacional da Galiza de hoxe máis aló das políticas institucionais. Ao igual que na edición anterior integran as capacidades de difusión, comunicación e intercámbio de experiéncias entre as e os participantes que ofrece internet. As páxinas que seguen recollen os debates, reflexións e plantexamentos suscitados entre os dia 8, 9, 22 e 23 de outubro de 2004 no Museo do Pobo Galego, tamén os que tiveron lugar a través da páxina web da Agantro entre os dias 11 e 20 do mesmo mes. Conforman-se coas aportacións dos e das convidados, as do público participante e as dos coordinadores.