ABSTRACT
Introdución: A presenza do dor na extracción de sangue non representa unha forma de sufrimento grave. Pero a dor xoga un papel moi importante pola súa etioloxía, por todo o universo emocional e simbólico que desprega. Aquí radica unha das fronteiras entre doadoras efectivas e non doadoras, de qué forma estas experimentan a dor da punción e a atribución de significado que fan desta (¿como doe?). Ante o mesmo estímulo, para unhas a dor da punción é irrelevante, mais para outras un verdadeiro obstáculo. En ambos os dous casos hai unha serie de significados parellos que converten a punción nunha forma de agresión aos eur na que a persoa é invadida por unha actante estraña, como se pode tratar a través da metáfora do eu-pel e do enfoque enactivo.