ABSTRACT
Neste artigo examino a evolución da presenza do galego en Internet a partir da comparación da situación actual coa debuxada hai dúas décadas en Gómez Guinovart (2003). En concreto,o obxectivo deste estudo hase centrar na avaliación do tamaño da web en galego en relación co das linguas do seu contorno cultural (inglés, español, francés, italiano, portugués, catalán, alemán, asturiano e mais éuscaro) e na análise comparativa desta estimación cos datos obtidos en 2003. A metodoloxía utilizada para cuantificar o espazo ocupado na web polos distintos idiomas parte da utilizada en diversas medicións pola Unesco entre 1996 e 2005, consistente en empregar motores de busca e un conxunto de conceptos léxicos para medir a presenza proporcional destes conceptos nas súas diversas equivalencias lingüísticas.