Gestión del circulante. Una aplicación práctica para la PYME
ABSTRACT
Nunca a liquidez foi un ben tan prezado. A Gran Crise de 2008 contraeu a demanda e estrangulou o crédito. E a que apunta tras a sacudida do COVID confirma que o que ten liquidez quizá poida aguantar e sobrevivir. Esa é a terapia que se prescribe ás empresas desde as políticas públicas. A xestión do circulante debe orientarse, máis que nunca, a preservar a liquidez e, tamén, a apoiar a rendibilidade. Este traballo tratar de ocupar un espazo de coñecemento útil para un estudante de finanzas e para un xestor financeiro. Faio coa humildade que debe ter o coñecemento cando un financeiro ha de enfrontarse ás súas limitacións.