Estructura empresarial e política industrial
DATE:
2021
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/3368
EDITED VERSION: https://www.cgrl.gal/informe-sociolaboral-2020/
UNESCO SUBJECT: 5304 Actividad Económica
DOCUMENT TYPE: article
ABSTRACT
Este capítulo resume a evolución da economía de Galicia dende unha perspectiva microeconómica, incluíndo unha análise dos principais datos que permiten describir de
xeito estático e dinámico o tecido produtivo e empresarial da comunidade galega. Inclúese tamén unha revisión das principais políticas públicas deseñadas polas diferentes
Administracións dirixidas a favorecer o desenvolvemento deste tecido. O capítulo consta de tres partes. A primeira describe a estrutura empresarial, destacando
á súa evolución recente a través dos principais datos das empresas (tamaño, distribución, sector de actividade ou persoas empregadas) e a súa estrutura societaria. Esta análise
permite obter unha visión simplificada da xeografía empresarial galega, que será obxecto de comparación con outros ámbitos autonómicos ou estatais. Para esta parte utilízanse
datos obtidos do Directorio Central de Empresas (DIRCE) do Instituto Nacional de Estatística (INE); os fornecidos nas bases do Instituto Galego de Estatística (IGE), e os
incluídos no Rexistro Mercantil. A segunda parte realiza unha análise sectorial a través da enquisas estruturais do INE, revisando os tres sectores principais de actividade económica (industrial, comercial e de
servizos). De xeito similar ao apartado anterior, realízase unha comparación da evolución dos datos na comunidade galega co acaecido no resto do Estado, o que permite estimar
a súa evolución relativa. A parte final do capítulo revisa os indicadores principais das enquisas de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico (I+D), de innovación tecnolóxica e alta tecnoloxía.