Poboación e mercado de traballo
DATE:
2021
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/3366
EDITED VERSION: https://www.cgrl.gal/informe-sociolaboral-2020/
DOCUMENT TYPE: article
ABSTRACT
[Inicio] En 2020 a poboación en Galicia reduciuse en 5.249 persoas, ata chegar aos 2.696.995 habitantes. Esta redución é notablemente superior á recollida no 2019, en boa medida porque a COVID-19 supuxo un importante aumento de mortalidade, sobre todo para as persoas en idade avanzada. Segundo o Ministerio de Sanidade, a 31 de decembro de 2020, rexistráronse en Galicia 1.397 falecidos pola COVID-19.
Ao anterior hai que engadir que o comportamento demográfico tamén se insire nunha traxectoria de longo prazo de perda de poboación. No cadro 4.1 recóllese a evolución demográfica das cinco comunidades autónomas (CC.AA.) máis poboadas, cunha dobre perspectiva temporal: a un prazo máis longo (tomando como referencia 2001) e nos últimos 11 anos (2011-2021). En 2021, Andalucía, Cataluña, Madrid e Comunidade Valenciana, por esta orde, concentran 27.970.097 habitantes, un 59,0% da poboación española. [...]