Avaliación socioeconómica da xestión sostible de especies invasoras: unha revisión
DATE:
2010
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/2029
UNESCO SUBJECT: 5312 Economía Sectorial ; 5312.01 Agricultura, Silvicultura, Pesca ; 6311.02 Sociología Ecológica
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
As especies invasoras son un dos factores máis importantes no cambio medioambiental global, e están consideradas unha das causas máis importantes de perda de biodiversidade (Walker e Steffen, 1997; Wilcove et al., 1998). A xestión desta problemática só é posible de entendermos os factores biolóxicos e socioeconómicos que explican a introdución, establecemento, dispersión e impactos destas especies (Perrings et al. 2000; McNeely et al. 2001; Perrings et al. 2010). As especies invasoras son a miúdo introducidas de forma accidental a consecuencia de actividades económicas tales coma uso ornamental, agrícola ou forestal (ex. Levine e D’Antonio 2003; Ruíz e Carlton 2003; Semmens et al. 2004; Duggan et al. 2006; Dehnen-Schmutz et al. 2007a, 2007b). Polo que a análise das percepcións, actitudes e concienciación social é un tema de grande interese para o desenvolvemento de estratexias de control. Neste traballo examinamos os estudos realizados para comprender os factores sociais que afectan á participación activa dos diferentes grupos de interese (sector comercial, xestores, científicos, ONGs, etc) no desenvolvemento dunha xestión sostible de especies invasoras. Ademais, preséntanse algúns resultados preliminares dun estudo das percepcións sociais sobre plantas invasoras en Galiza.