DATE:
2021-02-19
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/1776
SUPERVISED BY: Buxan Bran, Xose Manuel
DOCUMENT TYPE: doctoralThesis
ABSTRACT
Esta investigación, Sexualidades Des-Xeneradas na práctica escénica
contemporánea, enmárcase dentro da análise da representación das sexualidades
que cuestionan a heteronorma e os xéneros binarios no medio escénico
contemporáneo en territorio español.
Preténdese unha achega ás principais ferramentas estéticas e ideolóxicas en
que se desenvolve a diversidade sexual nestas prácticas. Buscamos propoñer marcos
metodolóxicos e artísticos que axuden a subverter os principios heteronormativos e
poñer en relevo artistas e creacións invisibilizadas que den a coñecer outras posibles
lecturas escénicas. Axudar á creación de xenealoxías escénicas e artísticas
alternativas que poñan en cuestión a historia escénica heterocentrada.
Este traballo, estruturarse nun capítulo inicial, Sexualidades Des-Xeneradas,
que propón un marco de partida, para continuar desenvolvendo nos capítulos
seguintes o cuestionamento da tríada sexo-xénero-sexualidade, centrando a nosa
ollada en cada capítulo nun destes aspectos, sendo conscientes de que están
interrelacionados, mais tentando afondar en prácticas que inciden nalgún deses
aspectos de xeito destacado.
A modo de entreacto de cada capítulo, analízase un striptease que
denominamos, Striptease de Xénero, peza escénica escollida como nexo temático do
capítulo que precede.
O segundo capítulo, Travestir o Xénero, aborda de cheo as intervencións no
xénero principalmente a través dos Travestismos e ContraXéneros, das accións en
torno ás Masculinidades de muller e Prácticas drag king, achegándose a prácticas e
mecanismos da masculinidade e cuestionamentos das mascaradas.
No capítulo terceiro, Des-Xenerad@s a Escena, desenvolve os contextos da
sexualidade como eixo central do discurso artístico, achegándonos ás Prácticas
Pospornográficas, tentando bucear nalgunha das diverxencias da Pornoescena
Disidente, centrando a ollada nas prácticas máis escénicas como o Pornoterrorismo.
O capítulo cuarto, Euforia de Xénero, aborda os tránsitos sexoxénericos e fai
un percorrido inicial, Da Disforia á Euforia de Xénero, como unha achega aos marcos
sociais e loitas das vivencias trans nos útltimos anos, para adentrarse nas
corporalidades en tránsito, facendo un mapeo, dunha Trans-Escena cada vez máis
presente e heteroxénea.
Rematamos cunha reflexión dos Teatros que importan e facendo un Mutis por
el foro, a xeito de peche, nunha reivindicación final das corporalidades e
sexualidades que importan tamén no sistema teatral. Acompañamos este mutis
cunhas valoracións e puntualizacións finais do proceso de investigación que non
deixan de reincidir nas reflexións e escollas que se van facendo ao longo de todo o
traballo.
Files in this item
- Name:
- RomeroBaamonde_MariaEugenia_TD ...
- Size:
- 7.302Mb
- Format:
- Description:
- Versión pública
- Name:
- RomeroBaamonde_MariaEugenia_TD ...
- Size:
- 7.305Mb
- Format:
- Description:
- Versión restrinxida