ABSTRACT
Este artigo achégase á traxectoria vital e creativa de María Victoria Moreno como cidadá comprometida e coherente. O seu labor multifacético a prol da cultura galega demostra que estamos ante unha activa axente cultural, en ocasións adiantada ao seu tempo. A través das súas obras e da súa acción social revélanse camiños ata entón inexplorados, nos que demostrou ser plenamente consciente da relevancia do seu traballo e das necesidades que observaba ao seu redor. Detémonos aquí en catro dos seus principais compromisos: como docente, como produtora e mediadora na literatura para a infancia e xuventude, como muller e en favor das mulleres e como cidadá culta, sensible, xenerosa e afouta.