DATE:
2018
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/1051
EDITED VERSION: http://cilx2018.uvigo.gal/actas/
UNESCO SUBJECT: 57 Lingüística
DOCUMENT TYPE: book
ABSTRACT
O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018), celebrado na
Universidade de Vigo en xuño de 2018, tivo como un dos seus obxectivos identificar as
liñas de investigación, as perspectivas teóricas e os deseños metodolóxicos polos que
transcorre a lingüística actual. O programa sobre o que se desenvolveu o evento logrou
congregar un relevante número de achegas de persoas procedentes de xeografías moi
diversas, en forma de pósteres, comunicacións, conferencias plenarias e paneis
temáticos.
Este libro de Actas que agora presentamos recolle unha parte substancial dos textos
presentados no CILX2018. Queremos das as grazas a todas as persoas que enviaron a
súa contribución, no formato e no prazo previamente establecidos para podermos poñer
á vosa disposición o resultado final neste volume. Precisamente, entendemos que o
formato no que se publican estas Actas supón unha primeira oportunidade de visualizar
os resultados das múltiples investigacións que se están desenvolvendo no eido da
lingüística, o que non impide que se poidan publicar versións ampliadas destes textos
noutros formatos e lugares.
Desde a organización do CILX2018 desexamos manifestar a nosa enorme satisfacción
polo resultado acadado. O esforzo de todas e todos vós enaltece este volume, que
agardamos que sexa un instrumento útil para continuar coa reflexión, o debate e a
discusión académica sobre as angueiras da lingüística actual. Para favorecer a súa
divulgación, o documento tamén está accesíbel no sitio electrónico do CILX2018
(cilx2018.uvigo.gal) a disposición de toda persoa que queira consultalo e descargalo.